Logotipo do Colexio de Economistas de Ourense
  • Img 988 214 844
  • ImgMail
  • ImgFacebook
  • ImgTwitter
  • ImgYouTube

Quenda de actuación profesional

TAP COLEXIO DE ECONOMISTAS DE OURENSE

A Quenda de Actuación Profesional (TAP) é un servizo que o Colexio de Economistas estableceu para atender as peticións de traballo profesional que se realicen por calquera persoa física, organismos e entidades públicas e privadas cara aos economistas que voluntariamente figuren inscritos no mesmo, no ámbito das actuacións xudiciais, periciais ou de auditoría.

O TAP ten ademais a finalidade de cumprir o establecido no art. 27.3 da Lei 22/2003, Concursal, e no art. 341.1 da Lei 1/2000, de Enjuiciamiento Civil, nos que se determina a obrigación dos Colexios de Economistas de remitir no mes de decembro aos Decanatos dos Xulgados do seu ámbito territorial (no mes de xaneiro para a Lei de Enjuiciamiento Civil), as listas para actuacións periciais e concursais.

O TAP réxese polo establecido no Regulamento aprobado pola Xunta de Goberno do Colexio de Economistas de Ourense. (descargar en sección documentos)

TAP CONSELLO GALEGO DE COLEXIOS DE ECONOMISTAS

O Consello Galego de Colexios de Economistas subscribiu un convenio coa Dirección Xeral de Xustiza, por medio do cal se garante aos economistas galegos a compensacion económica pola asistencia xurídica solicitada a través da Administración de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia.

Deste xeito, o Consello Galego farase cargo de xestionar todas as actuacións profesionais solicitadas que neste ámbito realicen os integrantes das listas das Quendas de Actuación Profesional do catro Colexios que o integran, incluído o pago dos seus honorarios conforme ao establecido neste acordo (descargar acordo en sección documentos).


Copyright, Aviso Legal, Pol�tica de privacidade e Accesibilidade