Presentación
O Colexio de Economistas de Ourense é unha corporación de dereito publico, recoñecida e amparada pola Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins,
Réxese, no marco da lexislación básica do Estado, polo disposto na Lei 11/2001, de 18 de setembro, reguladora dos colexios profesionais de Galicia, e nas súas normas de desenvolvemento, e polas súas normas de creación e reguladoras da profesión, pola Lei 17/2009, de 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, pola Lei 2/1974, de 13 de febreiro, sobre colexios profesionais, polos seus estatutos e, de ser o caso, polas súas normas de *funcionamento interno e polos acordos aprobados polos diferentes órganos corporativos no ámbito das súas respectivas competencias, así como polas demais disposicións legais *quele afecten.
A actual Xunta de Goberno tomou posesión o 04 de febreiro de 2019.