Servizos AEAT colexiados
Convenio de colaboración coa AEAT
O Colexio de Economistas de Ourense, a través do convenio de colaboración coa Axencia Tributaria, facilita a todos os seus colexiados a utilización dos medios telemáticos da AEAT para a realización en liña de xestións propias e en representación de terceiros, entre outras:
- Xestión informatizada de declaracións tributarias.
- Pago de impostos.
- Consulta de débedas.
- Emisión de etiquetas.
- Outras xestións como adiamentos, solicitude de certificacións, notificacións, denuncias, etc.
Procedemento para acceso aos servizos
1.- Solicitude do certificado dixital que emite a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).
2.- Impresión do código que xera a solicitude.
3.- Solicitude persoal nas dependencias da AEAT presentando a seguinte documentación:
- NIF
- Código da solicitude
4.- Descarga do certificado dixital directamente no mesmo computador no que se cursou a solicitude.
5.- Na páxina web da Axencia Tributaria solicitar: "Alta no censo de colaboradores sociais".
Este convenio tamén é extensivo a sociedades integradas por colexiados (ver condicións)
Enlaces
- http://www.cert.fnmt.es/index.php?cha=cit&sec=obtain_cert: Solicitude Certificado Dixital