Logotipo do Colexio de Economistas de Ourense
  • Img 988 214 844
  • ImgMail
  • ImgFacebook
  • ImgTwitter
  • ImgYouTube

Quen pode colegiarse?

ESPAÑOIS E OUTROS CIDADÁNS DA UNIÓN EUROPEA

Haberán de cumprir algunha das seguintes condicións:

  • Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:
    • De doutor ou licenciado en ciencias políticas e económicas (sección de economía); en ciencias políticas, económicas e comerciais (sección de económicas e comerciais); en ciencias económicas e empresariais; en economía; en administración e dirección de empresas; en ciencias actuariais e financeiras.
    • Calquera outra nova titulación superior expedida por universidades españolas en substitución das nomeadas no apartado anterior e que teña recoñecidos efectos habilitantes para o exercicio profesional no Estado Español,  así como os  correspondentes graos e posgraos da área de Economía e Empresa que o Colexio considere adecuados para a colegiación.
    • Calquera titulación ou acreditación que, recoñecida ou expedida pola Administración Española en virtude da aplicación do sistema xeral de recoñecemento de títulos superiores dos estados membros da Unión Europea, habilite para o exercicio profesional do economista.
    • Os Intendentes Mercantís e os Actuarios de Seguros poderán incorporarse ao Colexio coas mesmas condicións, dereitos e deberes que os titulados anteriormente citados.
  • Estar en posesión do título de Intendente ou Actuario Mercantil.
  • Que obtivesen do Ministerio de Educación e Cultura a convalidación dun título estranxeiro por algún dos anteriores.
  • Que obtivesen do Ministerio de Economía e Facenda o recoñecemento dun título dun país da Unión Europea, para o exercicio da profesión de Economista.
    (Sistema regulado pola Orde do Ministerio da Presidencia de 19 de Maio de 1995, que desenvolve o R.D. 1665/91, en aplicación da Directiva da UE relativa ao recoñecemento de títulos universitarios de máis de tres anos de duración).

 

ESTRANXEIROS, NON CIDADÁNS DA UNIÓN EUROPEA

Han de cumprir unha das seguintes condicións:

  • Obter a convalidación dun título estranxeiro por algún dos indicados no punto 1 anterior.
  • Ter dereito de reciprocidad para o exercicio da profesión, condición que se adquire por unha das seguintes vías:
    • Pola existencia dun Tratado entre o seu país de orixe e España.
    • Pola achega, por parte do interesado, dun certificado expedido pola asociación profesional do país correspondente, admitindo que un titulado español podería exercer no seu país.

Copyright, Aviso Legal, Pol�tica de privacidade e Accesibilidade