Logotipo do Colexio de Economistas de Ourense
  • Img 988 214 844
  • ImgMail
  • ImgFacebook
  • ImgTwitter
  • ImgYouTube

Novas

NOVO BOLETÍN "ENTRE NÓS" marzo 2013

15/03/2013

Nova: NOVO BOLETÍN "ENTRE NÓS" marzo 2013

Iniciamos un novo ano no que se continúan aplicando medidas fiscais que requiren novos esforzos para os contribuíntes. No artigo dedicado ao ámbito fiscal, analízanse as dúas últimas normas aprobadas para conseguir o obxectivo de redución do déficit público: a Lei 16/2012, de 27 de decembro, pola que se adoptan diversas medidas tributarias dirixidas á consolidación das finanzas públicas e ao impulso da actividade económica, e a Lei 17/2012, de 27 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o...

Nova completa

CONFERENCIA: "A INDUSTRIA: PEZA CRAVE PARA UN NOVO MODELO PRODUTIVO SUSTENTABLE" 13.03.13

28/02/2013

Nova: CONFERENCIA: "A INDUSTRIA: PEZA CRAVE PARA UN NOVO MODELO PRODUTIVO SUSTENTABLE" 13.03.13

O Foro A Rexión en colaboración co Colexio de Economistas de Ourense organiza a Conferencia Coloquio “A industria: peza crave para un novo modelo produtivo sustentable” que se celebrará o mércores 13 de marzo ás 20,00h. no Centro Cultural Deputación Provincial “Marcos Valcárcel” e que impartirá Valentí Pich Rosell, presidente do Consello Xeral de Colexios de Economistas de España.

Máis información nos apartado documentos.

Nova completa

VISITA Ao CONCELLO DE OURENSE

27/02/2013

Nova: VISITA Ao CONCELLO DE OURENSE

Hoxe xoves 27 de febreiro, unha comisión de representantes do Colexio de Economistas de Ourense asistiron á audiencia concedida polo Excmo. Sr. Alcalde da cidade, D. Agustín Fernández Galego.

O Decano do Colexio comezou a súa presentación sinalando o seu interese por que se produza un achegamento das diferentes institucións ourensás co colectivo Economistas por iso é polo que nestes primeiros meses do seu decanato estea a realizar unha rolda de visitas que ata a data están a ser moi positivas e frutíferas...

Nova completa

CELEBRACIÓN DO SEMINARIO "OBRIGACIÓNS TRIBUTARIAS DA EMPRESA EN CONCURSO" 6.02.13

18/02/2013

Nova: CELEBRACIÓN DO SEMINARIO "OBRIGACIÓNS TRIBUTARIAS DA EMPRESA EN CONCURSO" 6.02.13

A Resolución de 2 de febreiro de 2011 da Dirección Xeral da Axencia Estatal da Administración Tributaria, deu unha volta de porca engadida á cada vez máis ascendente posición das Administracións Públicas dentro do procedemento concursal, as cales de forma progresiva han ido gañando mecanismos de protección e aseguramiento do cobro dos seus créditos, xa sexa no propio marco da Lei 22/2003 ou mediante a aplicación das escapatorias á Lei Concursal contidas nas súas propias normas reguladoras, como pode...

Nova completa

VISITA Á VICERRECTORÍA DO CAMPUS DE OURENSE

13/02/2013

Nova: VISITA Á VICERRECTORÍA DO CAMPUS DE OURENSE

O pasado venres 8 de febreiro de 2013 a Comisión de Formación da Xunta de Goberno do Colexio mantivo unha reunión coa Vicerreitora do Campus de Ourense Dª María Lameiras Fernández.

Na reunión que discorreu nun ambiente cordial e distendido, Guillermo Díez expuxo a idoneidade de asinar un novo acordo que recolla aspectos máis actuais da relación coa Universidade de Vigo.

María Lameiras comentou a preocupación desta Universidade polo emprendimiento, manifestando que a clave do desenvolvemento económico...

Nova completa

VISITA Ao CENTRO DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS DE OURENSE

08/02/2013

Nova: VISITA Ao CENTRO DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS DE OURENSE

Na mañá de onte xoves 7 de febreiro, unha comisión de membros da Xunta de Goberno do Colexio de economistas de Ourense, encabezada polo decano, D. Guillermo Díez Igrexas, visitou a D. José Ángel Vázquez Barqueiro, actual Concelleiro de Economía, Facenda e Emprego, no Centro de Inciativas Empresariais da cidade de Ourense.

Guillermo Díez expresou o seu desexo de que a Concellaría considere e de notoriedade ao colectivo de economistas naquelas actividades onde sexa adecuada a representación e opinión...

Nova completa

VISITA Á CÁMARA DE COMERCIO E INDUSTRIA DE OURENSE

28/01/2013

Nova: VISITA Á CÁMARA DE COMERCIO E INDUSTRIA DE OURENSE

Reunión distendida e nun ambiente cálido a celebrada o pasado venres 28 de xaneiro na sede da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, entre o Presidente da devandita entidade e o Decano do Colexio de Economistas desta cidade.

Guillermo Díez Igrexas, decano do Colexio de Economistas de Ourense, expuxo a posibilidade de ofertar a formación impartida por ambas as entidades a todos os seus asociados, persoas físicas e xurídicas, en igualdade de condicións que as que gozan os pertencentes á entidade...

Nova completa

VISITA Á FACULTADE DE CC.EE. E TURISMO DE OURENSE

25/01/2013

Nova: VISITA Á FACULTADE DE CC.EE. E TURISMO DE OURENSE

O Decano do Colexio de Economistas de Ourense visitou na tarde do xoves 24 de xaneiro á Decana da Facultade de CC.EE. e Turismo da nosa cidade.

A reunión, ademais de trancurrir nun ambiente cálido e cordial resultou ser moi frutífera para ambas as entidades. Ademais de acordar o manter unha relación de continuidade entre ambos os entes, tratáronse diferentes proxectos para desenvolver nos meses vindeiros.

Como vén sendo habitual, manterase a celebración de dous actos que teñen lugar todos os anos...

Nova completa

VISITA Á CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE OURENSE

23/01/2013

Nova: VISITA Á CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE OURENSE

A nova Xunta de Goberno do Colexio comeza a rolda de presentacións ante organismos e institucións ourensanes achegándose o martes 22 de xaneiro de 2013 á Confederación de Empresarios de Ourense, onde os membros da Xunta que acudiron á visita foron recibidos polo seu presidente D. Francisco Rodríguez García.

Na reunión, o actual presidente da CEO manifestou a súa opinión de que é importante que institucións como a que o representa actualmente, a Universidade e os colexios de economistas manteñan...

Nova completa

SUBSTITUCIÓN NO DECANATO DO COLEXIO DE ECONOMISTAS DE OURENSE

14/01/2013

Nova: SUBSTITUCIÓN NO DECANATO DO COLEXIO DE ECONOMISTAS DE OURENSE

O xoves 10 de xaneiro do presente produciuse a substitución no decanato do Ilustre Colexio de Economistas de Ourense ata agora dirixido polo Ilmo. Sr. D. Anxo Pascual Rubín, Decano deste colexio profesional desde a súa constitución no ano 2004.

O novo Decano D. Guillermo Dez Igrexas, asume a presidencia dos economistas ourensáns tras colaborar co seu predecesor nos equipos de goberno cos que o Sr. Pascual Rubín dirixiu os designios do Colexio de Economistas de Ourense desde a súa constitución.

Entre...

Nova completa

Copyright, Aviso Legal, Pol�tica de privacidade e Accesibilidade