Logotipo do Colexio de Economistas de Ourense
  • Img 988 214 844
  • ImgMail
  • ImgFacebook
  • ImgTwitter
  • ImgYouTube

O DÍA DO PATRÓN

29/06/2021

Nova: O DÍA DO PATRÓN

 

Hoxe queremos pór en valor, unha vez máis, o traballo que os economistas realizamos día a día e que moi especialmente desenvolvemos ao longo de toda a pandemia. A pesar de que aínda non finalizou totalmente a preocupación por este virus que nos maltratou durante máis dun ano, e que mentres haxa unha soa persoa que perda a súa vida a causa do mesmo non poderemos cantar vitoria, desde o teu colexio profesional e con motivo do Día do Economista, queremos felicitarche polo teu bo facer, xa que co labor prestado entre todos/*as, conseguimos dar un servizo profesional e de calidade a cantidade de particulares, empresas e auto?*nomos, acción que contribuíu a soportar a *situacio?*n nun escenario sen precedentes, onde a incerteza e a falta de seguridade estiveron presentes en todo momento.


Por iso, neste día no que conmemoramos a festividade de San Pablo, patrón dos/*as economistas e coa esperanza de que pronto podamos retomar as actividades de confraternización de forma presencial, queremos apoiarche pola postura optimista adoptada e coa que contribuímos a que outros recuperen a ilusión.

 

FELIZ DÍA!

 


Copyright, Aviso Legal, Pol�tica de privacidade e Accesibilidade