Logotipo do Colexio de Economistas de Ourense
  • Img 988 214 844
  • ImgMail
  • ImgFacebook
  • ImgTwitter
  • ImgYouTube

SUBSTITUCIÓN NO DECANATO DO COLEXIO DE ECONOMISTAS DE OURENSE

14/01/2013

Nova: SUBSTITUCIÓN NO DECANATO DO COLEXIO DE ECONOMISTAS DE OURENSE

O xoves 10 de xaneiro do presente produciuse a substitución no decanato do Ilustre Colexio de Economistas de Ourense ata agora dirixido polo Ilmo. Sr. D. Anxo Pascual Rubín, Decano deste colexio profesional desde a súa constitución no ano 2004.

O novo Decano D. Guillermo Dez Igrexas, asume a presidencia dos economistas ourensáns tras colaborar co seu predecesor nos equipos de goberno cos que o Sr. Pascual Rubín dirixiu os designios do Colexio de Economistas de Ourense desde a súa constitución.

Entre os obxectivos que se marcan D. Guillermo Díez e a súa Xunta de Goberno destaca a unificación do Colexio de Economistas de Ourense co Colexio de Titulares Mercantís de Ourense para dar cumprimento á lei 30/2011 pola que se aprobaron as bases para a unificación de ambos os colectivos profesionais. O Ilustre Colexio de Economistas de Ourense ten ademais, entre outros, os seguintes fins:

- representar os intereses xerais da profesión de Economista ante terceiros,

- ordenar e regular o exercicio desta profesión e fomentar o seu desenvolvemento,

- promover e desenvolver a formación profesional dos seus colexiados,

- colaborar coas administracións públicas na xestión das listas da Quenda de

Actuación Profesional e,

- perseguir o intrusismo.

O Ilustre Colexio de Economistas de Ourense está integrado na actualidade por 260 profesionais dos cales 122 exercen a actividade por conta propia, e 107 desenvolven a súa actividade profesional por conta allea, atopándose o resto de colexiados en situaciuón de non ejercientes.


Copyright, Aviso Legal, Pol�tica de privacidade e Accesibilidade