Logotipo do Colexio de Economistas de Ourense
  • Img 988 214 844
  • ImgMail
  • ImgFacebook
  • ImgTwitter
  • ImgYouTube

NOVO BOLETIN "ENTRE NÓS"

13/09/2012

Nova: NOVO BOLETIN "ENTRE NÓS"

O peche fiscal do exercicio constitúe un dos momentos clave na vida das empresas. O exercicio que concluirá o próximo 31 de decembro estivo marcado no ámbito tributario pola grave situación de crise económica e financeira en que o noso país está inmerso. Nunca é sinxelo abordar o peche fiscal pero, á luz das circunstancias presentes e de ñlas novidades normativas que han ido aparecendo ao longo do ano, ben podemos augurar un final de exercicio fiscal sometido a continua modificacións e revisións. Ao longo do presente ano ditáronse por vía urxente ata unha vintena de normas - a última das cales foi o Real Decreto-Lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantila estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, polo que o peche deste exercicio requirirá un plus de atención para comprobar o cumlimiento das medidas incorporadas. Sobre todo iso trata o comentario fiscal deste boletín, onde se abordan aquelas consideracioners que deben terse en conta á hora de calcular o resultado final.

En relación ao ámbito social, preséntase unha reseña sobre a Lei da Reforma Laboral, que consolida as medidas adoptadas polo Real Decreto-Lei 3/2012 pero con algúns cambios e matizacións relevantes; así como as medidas en materia de Seguridade Social e emprego que, á súa vez, contén o xa mencionado Real decretoi-Lei 20/2012. Así mesmo, aínda que pendente de aprobación, o borrador do Regulamento dos despedimentos colectivos recolle unha serie de cambios no procedemento a seguir para a tramitación deste tipo de despedimentos, que merecen ser comentados.

Polo que se refire á materia mercantil, neste último número estúdase o pagarei e a responsabilidade do pago a título persoal. É importante resaltar ue no momento de asinar a promesa de pago que constitúe o pagarei, é requisito obrigado a expresión da representación coa que se actúa; este é un principio imposto en aras da transparencia de de as relacións cambiarias e da seguridade do tráfico xurídico, especielmente o cambiario.

Por último, no comentario contable, atoparás un repaso daqueles aspectos que deben terse en consideración durante o exercicio 2012, xa que ao longo deste ano producíronse determinadas modificacións lexislativas que teñen repercusión no ámbito da contabilidade ou das contas anuais. Entre as novidades máis importantes cabe destacar a supresión da legitimación notarial de firmas no depósito das contas anuais, así como a modificación da deducibilidad dos gastos financeiros.

Atoparás o Boletín ENTRE NÓS no apartado situado á esquerda desta páxina

 

 


Copyright, Aviso Legal, Pol�tica de privacidade e Accesibilidade